lunes, 17 de mayo de 2010

O Elías e a Olería de Gundivós

“Ao pasar por Gundivós
o primeiro que se ve
son as olas a secar
e os fornos a cocer”

Existe unha aldea en Galicia distinta a todas as demais e o mesmo tempo igual. Polas terras de Lugo, no término de Sober atópase, despois de percorrer camiños estreitos e carreteras retortas, un lugar chamado Gundivós.

 


Nese lugar existe unha pequena agrupación de casiñas de baixo máis planta arremuiñandose torno a Eirexa parroquial. Non moi lonxe atópase a Reitoral, antiaga casa do señor cura, e agora un dos máis antigos sitios alfareiros de España e cecais tamén de Europa.

Alí está o Elías. Un rapaz espelido que con unha particular gracia contanos de balde unha fermosa historia que fala de homes antigos, de tempos pausados, de lareiras, de chourizos, de cortellos e cubas de viño.

É a Reitoral de Gundivós un dos máis antigos centros alfareiros de España, e conforma sen dúvidas un mundo aparte na alfarería tradicional Galega. Tan importante como a de Niñodaguia, Oleiros e Buño. Tan peculiar que as súas pezas adquiren un tono negro de noite pechada dado pola carqueixa ardendo baixo da peza.

Neste Arte fanse multitude de pezas: Xerros para o viño, Abuelos para echer os Xerros, Leiteiras para sacaren o leite das mamas das mamás (sempre eso sí, colaborando cun chupon para provocar o efecto ventosa), Meleiros que posuen unha especial forma añadido de un pequeno balcón para a auga e evitar que subiran as formigas, Braseiros, Cuncas, Potes de queimada, Chocolateiras e Recolle-pingueiras para as cubas do viño. Ánforas para a auga, amén de distintas olas e recipientes variados.

A Arte é unha interpretación persoal da realidade, e sen dúbidas pódovos asegurar que isto, de facto, é Arte. O Xerro do viño, é a “Peza”. Sí, a peza por antonomasia neste particular universo que conforma a Alfarería de Gundivós. O Xerro e o principio, e é o fin. O Xerro é o concepto, e o cocepto nace e fina nel. O Xerro é negro, e negra é a súa boca.  O Xerro comunícanos coa natureza e da natureza provén inteiro.

O proceso comeza na colleita da terra, da arxila, nas Veigas fundas de Gundivós, da terra de Sober en Lugo. Maxino eu que aise tratar dunha parcela comunal, ou polo menos antigamente debería ser o seu, pois trátase de buracos feitos no chao, onde dende alén dos tempos vense collendo a materia prima.

É por tanto que a vida as veces imita ao arte, non si? De feito, por esto mesmo, trátase dunha actividade intranslacional no espazo ainda que si no tempo. Explicome, de modo que sen a arxila de Gundivós e imposible facer as pezas, polo tanto é intransferible esta arte.

Unha cousa moito importante é o proceso de amasado. O mestre oleiro en Gundivós apóiase no Torno Baixo, e isto xa é so de por sí unha característica diferenciadora co a que Galica respeta.

Trátase pois da técnica dos Churros. O mestre, impulsa o Torno Baixo coa mao, e non se axuda de ningunha maneira de artiluxio mecánico. Pois iso é o da técnica dos Churros. É imposible que coa velocidade que apenas colle o torno pódase modelar un mazacote de arxila. Ten que ir paseniño, mimando a peza, colocando sucesivas capas até formar un cilindro que nos ollos do oleiro semella o seu útero materno. É así, non hai volta atrás, o artesán da arxila o sinte porque naceu da terra e na terra e nas veigas está a materia, e na materia está a sua vida.


Unha vez conformada a peza, e logo de cocer no forno, sométese á mesma a un proceso de queimado. O mestre introduce un pao ou unha vara pola boca do Xerro e alzando o mesmo pon a peza ao calor do lume feito polas carqueixas ardendo. É entón cando a cor negra fai acto de presenza, e rápidamente inunda toda a peza. É o rasgo caraterístico da olería de Gundivós, a prova irrefutable que finalmente outorga a orixe. Logo unha fina poeira de resina de piñeiro cae coma se fose neve no ainda candente Xerro formándose así unha fina película natural, protectora e de apariencia vitrea que evita posibles perdas o succións do viño.

Recoméndovos encarecidamente que se tedes unha oportunidade de pasardevos por estas terras de Gundivós non o dubidedes. Paga a pena e moito, polo ben que O Elías explica todo o proceso, a historia e as pequenas anécdotas deste fermoso recuncho de Galicia.

sábado, 8 de mayo de 2010

El Crack

Cuando llegué hasta esta fantástica película, no sabía muy bien lo que me iba a encontrar. Pero sin duda puedo decir que contiene una de las primeras escenas más apasionantes del cine negro/policiaco español. Es una primera escena donde se nos presenta a Germán Areta, “el Crack”, un expolicía que se dedica a la investigación privada, y con un final de escena desde luego que impresionante.

A partir de ahí todo fluye entre nostálgicas imágenes de la Gran Vía Madrileña, partidas de mus, recuerdos de Nueva York y una fantástica banda sonora que nos acompaña durante todo el film.

Si se puede decir que la primera escena es impactante y que atrapa al personal, del final de la película que decir, una obra maestra de Garci con un Alfredo Landa en uno de los mejores papeles de su vida.




Es de esas películas que te llevan a querer saber de las historias que cuentan sus personajes. Así yo tuve noticias de Kipling, Rocky Marciano, la Penn Station y por qué coño hay que darse unas palmaditas en la cara después del afeitado.

No se la pierdan, altamente recomendable.

martes, 4 de mayo de 2010

FUTBOL CHAPAS NO MAIO XOVE! 14 DE MAIO

Rapaces e bechos, xa sabedes, nova cita co Futbol Chapas en Ourense, Venres 14 de Maio, a partir das 16:30 horas na Casa da Xuventude de Ourense. Non o dubidedes e a participar que é gratis e moi divertido. Ademais como xa reseñei antigamente aquí, estes rapaces son uns tíos cojonudos e setirédevos rápidamente como un máis.

Así que... que non volo teña que repetir!